Sede
(S8), Mostra de Cinema Periférico ten lugar en A Coruña. Cidade con grande tradición cinematográfica, na que se realizou a primeira filmación en España co cinematógrafo dos irmáns Lumiére”. (“Entierro del General Sánchez Bregua”. José Sellier 1897).
Situada no Noroeste da Península Ibérica, A Coruña, Balcón do Atlántico é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, na que o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia. A Coruña é unha cidade de mil posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña a rúas cosmopolitas e vitais iluminadas polo sol ou o neon. Dende voces proclamando as existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo, polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o esparexemento e espazos naturais onde gozar de vistas e paisaxes espectaculares. Dende arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata as discotecas, o casino e os recitais de música clásica.
A Coruña é unha cidade onde o lecer e a cultura fúndense para dar como resultado apaixoantes percorridos.
O Cárcere
O Antigo Cárcere Provincial de A Coruña, sede do (S8) é un edificio emblemático e situado fronte á Torre de Hércules, símbolo da cidade e monumento declarado Patrimonio da Humanidade.
Abriu as suas portas no ano 1927, sendo alcalde D.Manuel Casas, e na súa historia acolleu presos de tódolos ámbitos e estratos sociais, dende responsables locais da Falanxe nos seus inicios a, despois do alzamento nacional, ser destino habitual de republicanos e comunistas.
Cesou a súa actividade ordinaria de cárcere no ano 1999, pasando a funcionar case que coma centro de inserción social ata o ano 2009, cando pechou definitivamente as suas portas.
Cómo chegar
Antigo Cárcere Provincial de A Coruña.
Paseo Marítimo nº43 (Fronte á Torre de Hércules). 15002. A Coruña.
- Líneas de Buses:3,3A.
- salidas> Santa Catalina (3) e Praza de Pontevedra (3)
- parada> glorieta de la Torre de Hércules/ zona deportiva da Torre de Hércules.











