Home » A Mostra » Seccións

Seccións

////////Ciclos e retrospectivas

 

Vangardas cinematográficas


Retrospectiva histórica do cinema experimental e das vangardas cinematográficas realizadas en Europa a comezos do século XX (Avant Garde).


A segunda vida das imaxes


Ciclo de cine que se basea na experiencia creativa do uso de imaxes alleas ou de arquivo á hora de crear novas obras audiovisuais.


Super 8 contemporáneo


Repaso á obra de cineastas contemporáneos que traballan e exploran o cine empregando o Super 8 como ferramenta principal.


 

Outros formatos do cinema en Galicia


Esta sección acollerá as obras iniciaticas, ocultas ou experimentais de directores ou artistas galegos que incorporaron o cinema como medio de expresión da súa obra, ou simplemente a súa mirada a través dos seus arquivos domésticos.


Arquivos históricos


Unha completa retrospectiva de documentos cinematográficos históricos de Galicia que, albergados en filmotecas, serán amosados por vez primeira ao público.



 

////////Cinema Performativo


Sección adicada á creación audiovisual en tempo real. “Cine Performativo”, “Expanded Cinema”, “Remixing Visual” e as distintas modalidades de “Live Cinema”, mostrarán procesos creativos en vivo e diante do público.


////////Instalacións e exposicións


Neste espazo amosarase, por medio de instalacións interactivas e audiovisuais, distintos campos de investigación ao redor dos arquivos cinematográficos e das novas formas de expresión audiovisual.


////////Actividades paralelas

 

Didáctica

A Mostra (S8) aposta por achegar os procesos creativos ao público para xenerar un diálogo entre o artista e o espectador que o vincule ós novos camiños de creación contemporanea a través de talleres e masterclass.


Cine para Nenos e Nenas

Sección que consistirá nun taller cuxo obxectivo é achegar a maxia das orixes do cine a nenos e nenas, e que contará tamén cunha sesión familiar de cine mudo sonorizado en directo.


Observatorio

Encontro para profesionais do sector (distribuidoras independentes, galerías de arte, responsables de centros de cultura contemporánea, plataformas informativas on-line), co fin de xerar diálogos ante os retos actuais da xestión cultural.


Off Mostra

Durante os días da Mostra o cine tamén tomará a rúa nunha serie de accións urbanas: desde representacións escénicas espontáneas na rúa ata o xa coñecido «Cuentapelis», entre outras sorpresas por vir.