Didáctica
//////// Obradoiro de cinema sen cámara “A Brecha”

Aínda que pareza mentira, pódese facer cine sen necesidade dunha cámara.Neste taller, impartido polo cineasta galego Marcos Nine, descubrirá as posibilidades de crear películas a través da manipulación, de moitos e variados xeitos, dos formatos analóxicos.
Un obradoiro dirixido a nenos de 6 a 10 anos, onde se explorará o pontecial do cine como soporte plástico. As obras creadas durante este obradoiro serán proxectadas durante os días da Mostra.
//////// Cinema mudo para nenos e nenas. LOTTE REINIGER

A pioneira alemá do cine de animación, Lotter Reiniger, será a protagonista este ano da proposta que ofrece o (S8) para os máis pequenos. Unha creadora que, a partir da manipulación fotograma a fotograma de siluetas delicadamente deseñadas, conseguía crear universos máxicos nas súas películas para nenos (e maiores).
O programa estará composto, en primeiro lugar, por un obradoiro para os nenos, onde coñecerán as técnicas pioneiras que utilizou Lotte Reiniger, para crear as súas películas de animación. A través de siluetas negras que refunden contos e lendas da tradición oriental e occidental ábrenos a porta dun mundo de fantasía que todos levamos dentro. Os seus ensoñadoras pezas realizadas de forma artesanal compoñen a sesión familiar que segue ao taller, onde se poderá gozar das amplas cotas creativas alcanzadas, xa a principios do século XX, por Reiniger.
Grazas á colaboración do Goethe Institut.







