Home » Edición 2011 » Actividades paralelas » Encontros profesionais

Encontros profesionais

//////// Observatorio




Arquivos. ¿QUE FACEMOS CON ISTO?
Arquivos, redes e memoria. Ferramentas. Xornadas para profesionais da arte e a cultura.
 

O encontro para profesionais este ano, coordinado por María Mallol, achégase a un tema tan en boga hoxe en día como son os arquivos, considerando a súa xestión e a súa importancia á hora de converterse en partes fundamentais da memoria colectiva. En especial, no caso de experiencias artísticas ou culturais realizadas á marxe das institucións, a decisión de arquivar é crucial, pois garante a supervivencia da experiencia.
Tamén analizarase o formato de arquivo como leitmotiv artístico para levar a cabo proxectos de moi diversa índole: desde o found footage ás remesturas de música ou as webs colaborativas. Un encontro especialmente pensado para profesionais independentes que desenvolveron e desenvolven proxectos ao redor do arquivo, e que pretende expor as distintas formas de enfrontarse ao mesmo.

No Observatorio participarán a investigadora, comisaria e xestora independente Nekane Aramburu, artífice do proxecto Archivos Colectivos; Garbiñe Ortega: docente e programadora de cine que traballou para Artium (Vitoria), La Casa Encendida (Madrid) e o Pacific Film Archive (California); Alg-a. Org, comunidade subacuática de arte e acción libre (presenta o proyecto Ignacio Muñoz y Berio); e o Proxecto Wiki-historias, artefacto de acción política, artística e histórica abierto a todas aquelas persoas interesadas na construcción colectiva da historia (presenta o proyecto Saioa Olmo).

Dentro do marco do Observatorio celebrarase, tamén, o obradoiro ARQUIVOS CÓDIGO ABERTO/ ARQUIVOS EN TEMPO REAL, impartido por Alg-a.org + olholivre.

Descárgate aquí toda a información


 

//////// Taller e xornada Kodak

Dentro do marco do (S8), desenvolverase unha sesión para profesionais impartida por Kodak que se centrará na presentación dos seus produtos: Super 8, 16mm e 35mm, coa posterior celebración dun taller para profesionais. Dividirase en dous partes:

Xornada de presentación de produtos Kodak «Por que rodar en película».

Pola mañá celebrarase unha xornada de presentación de produtos Kodak (Super8, 16mm ou 35mm) aberta, gratuíta e de libre asistencia.

Taller de Cinematografía en 35mm «Rodar en película. Así de fácil»

Pola tarde, terá lugar o obradoiro (workshop) de Cinematografía en 35mm titulado “Rodar en película. Así de sinxelo”, que será impartido polo experimentado director de fotografía Jesús Haro. Usaranse 2 equipos completos de cámaras profesionais de 35mm. Os participantes dividiranse dous grupos e dúas quendas e rodaráncoa luz dispoñible con distintas emulsiones de negativo Kodak.

En colaboración con Kodak e a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia.

Información e inscripcións aquí