Cinema Performativo
Unha sección que este ano nos trae o cine en vivo da man de dous creadores excepcionais que nos mostrarán o seu traballo en directo: Zoe Beloff, parte tamén do ciclo «O ceo na Terra», e o incansable experimentador británico Guy Sherwin.
![]()
////////Zoe Beloff

Performance 3D Claire and Don in Slumberland: Entre o monstruoso e o ridículo
Unha sesión performativa de pezas curtas que se sumerxen nas profundidades da mente humana atopadas pola artista, seguidas da performance en 3D Claire and Don in Slumberland.
- Child Analysis. Psychoanalytic Sanitarium, Stanford Connecticut.Parte II-Dr. L., de Pierce Clark.1931. 7 min. T. Clark, un psicanalista que promoveu a análise infantil en EEUU, documenta ao seu paciente, Ned, un epiléptico de 19 anos.
- Mysterious Mose, de Max e Dave Fleischer. 1930. 6 min. Protagonizado por Betty Boopy Bimbo. Unha criatura fantasmal entra na casa de Betty Boop e ninguén parece saber quen ou que es.
- Bubbles, de Max e Dave Fleischer. 1922. 6 min. Unha incrible mestura de imaxe real e animación protagonizada por Koko o Paiaso, unha criatura do Ello en constante estado de metamorfose.
- Claire and Don in Slumberland. 2002. 16 mm en 3D. Performance. 37 min. Claire e Don son hipnotizados por unha voz e obrigados a facer e a dicir unha gran variedade de cousas extrañas. Os protagonistas do filme atópanse a si mesmos actuando incontroladamente envolvidos polos medos e as ansiedades da posguerra americana
- Home Movies, de Leon V. Korfod. 1945. 3 min. Centos de metros de películas Kodachrome caseiras, rodadas nun parque de dinosaurios non identificado e no Monte Rushmore.
Domingo 5. 22:00 h. Lugar: Corredor (S). Antigo Cárcere.
![]()
//////// Guy Sherwin

Cineasta formado no medio da pintura, cuxos experimentos coa luz e co tempo, esencias principais do cine, lconvertéronlle nun dos maiores expoñentes do “Cinema Expandido”, en traballos que funcionan como particulares máquinas do tempo visuais.
SESIÓN 1. Proyección de algunos de los trabajos no performativos de Sherwin, con posterior encuentro con el público.
- Short Film Series x9. 1975-2011. Sen son. 27 min.
- Flight. 1998. 16mm. Son óptico. 4 min.
- Filter Beds. 1998. 16mm. Son óptico. 9 min.
- Views from Home. 2005. DV (a partir de Super 8). Son. 12 min.
SESIÓN 2. Unha serie de performances onde a acción cinematográfica neutralizará a linealidade da narrativa fílmica:
- Paper Landscape. 1975-2010. Performance en vivo, proxector de Super 8. 9 min. Super 8 mudo en cor. Unha sinxela pero poderosa interacción con proxector e pantalla de papel, na que se xoga coa ilusión do tempo e do espazo.
- End Rolls. 2009. Performance realizada por Lynn Loo con 4 proxectores de 16 mm con micrófonos sensibles á luz. 10 min. Luz, son e cores nunha performance sempre cambiante, nunca igual á anterior.
- Railings #2. 1977 (2011 version). 2 proxectores de 16mm con soni óptico. 9 mins.
- Cycles #3. 2003. 2 proxectores de 16mm con son óptico. 8mins.
- Man With Mirror. 1976-2010. Performance en vivo, con proxector de Super 8 e pantalla espello. O pasado e o presente xogan un partido de tenis en vivo.
Venres 3. 22:00 h. Lugar: Frontón. Antigo Cárcere.







