INSTALACIÓN: TERUO KOIKE

CANCER TREATMENT DIARY

Do venres 25 de Setembro ao sábado 3 de Outubro | De luns a sábado de 17:30 a 21:00 h. Domingos pechado | Sala 1ª planta, Afundación Abanca

En 2014, cando celebramos a nosa edición adicada a Xapón, o cineasta e artista visual residente en Kobe, Teruo Koike, foi un dos protagonistas. Nesa ocasión, puidemos descubrir as súas películas en super 8, coidadosamente compostas cadro a cadro a partir de fotografías, e sonorizadas en directo cunha frauta fabricada por el. O seu interese pola música permea nesta instalación que presentamos, Cancer Treatment Diary, na que Koike enfróntase á terrible enfermidade construíndo unha peza musical por entregas nas redes sociais. A peza é un traballo multicapa no que Koike interpreta unha composición e, ao día seguinte, grávase contendo no cadro o vídeo do día anterior e engadindo unha nova capa de son (e así sucesivamente) con diferentes instrumentos musicais, a súa voz e obxectos sonoros reciclados, manipulados e construídos por el mesmo. Un fascinante proceso que poderemos ver por vez primeira nunha sucesión ininterrompida, nunha sinfonía que voltea a estes tempos de confinamento e enfermidade.