O (S8), aínda xa finalizada a súa segunda edición, segue dando os seus froitos. Aquí temos o testemuño filmado que logramos obter de Left Hand Rotation, logo de interceptalos polos recunchos do Antigo Cárcere Provincial de A Coruña. A célula deste grupo sempre á contra, segue articulada e conspirando de novos e creativos xeitos, como deixou ...
A colaboración do admirable (e admirado) Vari Caramés no (S8) é un soño longamente acariñado polos seus organizadores, que finalmente se materializou na segunda edición a través da instalación «Pegadas…». Unha instalación que naceu coa mesma Mostra, ao penetrar no territorio inexplorado e turbador do Antigo Cárcere Provincial deA Coruña, escenario do que Caramés soubo ...
O (S8) deu moito de si. Durante os días da Mostra, exploramos da man dos nosos protagonistas os máis recónditos recunchos do Antigo Cárcere, para falar do traballo e as impresións de cada un. A serie comeza con Ángel Rueda, director do (S8), e Beatriz Navas, responsable de audiovisuais de La Casa Encendida, que sosteñen ...
Este domingo a segunda edición do (S8) tocou ao seu fin. Unha clausura que non é máis que un punto e seguido, da que esperamos sexa unha cita constante para o público inquedo e atento á evolución do cine que se achegou durante estes días ao Antigo Cárcere. Unhas 5.000 persoas, ás que queremos agradecer ...
A última xornada do (S8) ten como protagonista especial a Zoe Beloff. Ademais de poder ver unha mostra dos seus traballos, a artista porá un peche á Mostra transportándonos a outra dimensión coa súa performance en 3D analóxico Claire and Don in Slumberland. Falamos con Zoe Beloff, que nos entreabre unha porta aos seus mundos imaxinarios.
Algo pasa en Galicia ou, polo menos, algo pasa na nova xeración de artistas galega. Hoxe na sección “Outros formatos do cine en Galicia. Hoxe” poderemos ver o traballo de catro creadoras ben distintas entre si, entes autónomos, en continua ebulición formal e ideolóxica: María Ruído, Peque Varela, Lara Bacelo e Xisela Franco. Ás 17:oo ...
A mañá do sábado tivo lugar unha presentación que agrupou a dous axentes culturais inquedos e atentos á periferia do audiovisual: Playtime Audiovisuales (coa presenza de Natalia e Enrique Piñuel), comisarios de ciclo de Super 8 Contemporáneo desta edición, e Beatriz Navas, responsable da área de audiovisuais de La Casa Encendida, presente no (S8) cunha ...
Este domingo ás 12:00 h, o (S8) presenta unha sesión moi especial: trátase dun taller para os máis pequenos, ao que lle seguirá unha sesión familiar, todo iso en torno ao traballo da pioneira da animación alemá Lotte Reiniger. O taller e a sesión teñen a entrada libre, e non requiren matrícula previa. A continuación, ...
Este sábado, nada mellor que pasar a noite no cárcere. O inclasificable Dúo Cobra ofrecerá unha actuación en directo, que irá acompañada dunha multiproyección baixo o título «Papel Medium», no (S8), á que lle seguirá unha sesión de Jas Processor e Sisco Larinho Dj, baixo o título de República Disco Apocalipso. Ás 22:00 h no Antigo ...