[:es]Cinema e muller
La ‘visión’ de las cineastas gallegas es protagonista en la sección Sinais: además del foco dedicado a Xiana Gómez-Díaz, esta sección incluye trabajos de otras 14 realizadoras. En este contexto tendrá lugar un encuentro de mujeres cineastas gallegas en torno a ‘Cinema e muller’, el nuevo proyecto de la cineasta Xisela Franco y la productora Beli Martínez presentado recientemente en Pontevedra.
La génesis de esta iniciativa, en palabras de Xisela Franco, está en una propuesta del departamento de Igualdad de la Deputación de Pontevedra, que en un principio hablaba de organizar una muestra de cine realizado por mujeres, pero que desde la coordinación reencauzaron hacia la producción de una película: “Pensé en ese supuesto 8% (o 15% en el mejor de los casos) de mujeres directoras y en el verdadero problema al que nos enfrentamos, que no es dónde proyectar nuestras películas, sino conseguir la financiación para producirlas”. En este sentido, cuenta Franco, “una mujer se enfrenta a muchas más dificultades cuando quiere dar el salto del cortometraje al largometraje”. En respuesta a esto, propone abordar el problema “en busca de horizontes posibles”.
Uno de estos horizontes ha sido la confección de la película colaborativa Visións. Creadoras de cinema. Pontevedra. “Esta iniciativa es un ejemplo de lo que se puede hacer para fomentar la construcción de discursos narrados por mujeres, porque el lenguaje construye el mundo y el audiovisual es un lenguaje que hoy sabemos esencial” – defiende. “A las mujeres les queda por definir una buena parte de su propia historia. La realidad es que si no hay creadoras, el imaginario audiovisual propio de las mujeres se encuentra amputado, silenciado, deseando pronunciarse para acercar al cine su propia voz y para crear una sociedad más justa”.
En la mesa redonda participan Margarita Ledo, Xiana Gómez-Díaz, Xisela Franco, Beli Martínez, Diana Toucedo, Jaione Camborda y Carla Andrade, en un debate moderado por Ángel Suanzes. Al acabar el encuentro se proyectará la película colaborativa Visións que incluye los trabajos: Listen to Me de Carla Andrade, Proxectar-se de Eva Calvar, 1/2 de Olaia Sendón, Ambos mundos de Claudia Brenlla, Ei, guapa! de Sonia Méndez, Aava de Andrea Zapata-Girau, Aquí dentro de Lara Bacelo, Zeitübergreifend de Begoña M. Santiago, Voguing de Carme Nogueira y Corpo preto de Diana Toucedo.
 
Cinema e muller. Sábado 4 de junio en la Sala (S8) PALEXCO a las 16 h.[:gl]

Listen to Me, Carla Andrade

Listen to Me, Carla Andrade


A ‘visión’ das cineastas galegas é protagonista na sección Sinais: ademais do foco dedicado a Xiana Gómez-Díaz, esta sección inclúe traballos doutras 14 realizadoras. Neste contexto terá lugar un encontro de mulleres cineastas galegas ao redor de ‘Cinema e muller’, o novo proxecto da cineasta Xisela Franco e a produtora Beli Martínez presentado recentemente en Pontevedra.
A xénese desta iniciativa, en palabras de Xisela Franco, está nunha proposta do departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que nun principio falaba de organizar unha mostra de cinema realizado por mulleres, pero que desde a coordinación reconduciron cara á produción dunha película: “Pensei nese suposto 8% (ou 15% no mellor dos casos) de mulleres directoras e no verdadeiro problema ao que nos enfrontamos, que non é onde proxectar as nosas películas, senón conseguir o financiamento para producilas. Neste sentido, conta Franco, unha muller enfróntase a moitas máis dificultades cando quere dar o salto da curtametraxe á longametraxe. En resposta a isto, propón abordar o problema “en busca de horizontes posibles”.
Un destes horizontes foi a confección da película colaborativa Visións. Creadoras de cinema. Pontevedra. “Esta iniciativa é un exemplo do que se pode facer para fomentar a construción de discursos narrados por mulleres, porque a linguaxe constrúe o mundo e o audiovisual é unha linguaxe que hoxe sabemos esencial” -defende. “Ás mulleres quédalles por definir unha boa parte da súa propia historia. A realidade é que se non hai creadoras, o imaxinario audiovisual propio das mulleres atópase amputado, silenciado, desexando pronunciarse para achegar ao cinema a súa propia voz e para crear unha sociedade máis xusta”.
Na mesa redonda participan Margarita Ledo, Xiana Gómez-Díaz, Xisela Franco, Beli Martínez, Diana Toucedo, Jaione Camborda e Carla Andrade, nun debate moderado por Ángel Suanzes. Ao acabar o encontro proxectarase a película colaborativa Visións que inclúe os traballos: Listen to Me de Carla Andrade, Proxectar-se de Eva Calvar, 1/2 de Olaia Sendón, Ambos mundos de Claudia Brenlla, Ei, guapa! de Sonia Méndez, Aava de Andrea Zapata-Girau, Aquí dentro de Lara Bacelo, Zeitübergreifend de Begoña M. Santiago, Voguing de Carme Nogueira e Corpo preto de Diana Toucedo.[:]