Lois Patiño

El cuerpo vacío


O corpo baleiro

Vídeo en loop, metacrilato e tanza

“A vida non é máis ca morte que vibra”
– Edmond Jabès

A obra “O corpo baleiro” xira ao redor da representación dun estado a medio camiño entre a vida e a morte. Desenvólvese coma un espazo espectral onde o corpo baleira de vida. Rostros de luz a se repetir, deforman e reverberan na escuridade da sala, envolvéndote na súa atmosfera.

A videoinstalación está formada por varias láminas de metacrilato transparentes que fican penduradas no aire. Dun xeito sutil estas láminas reteñen o feixe de luz do videoproxector que as atravesa. Ten tamén unha parte sonora, unha música de frecuencia moi baixa que reforza esta idea de limbo.
Lois Patiño

Lois Patiño – O corpo baleiro

Do 5 ao 16 de xuño na Fundación Luis Seoane


A morte a traballar

Videos en loop, láminas de papel e fío

“Os espellos son as portas ao través das cales
a morte vén e vai. Mírate a ti mesmo e mira toda
a túa vida nun espello e verás á morte a traballa”

– Jean Cocteau (“Orfeo”)

Este proxecto parte do vínculo existente entre o rostro, a identidade, a memoria e a morte. A obra está formada por un conxunto de retratos gravados en vídeo onde observamos o rostro dunha persoa mirándose a sí mesma no espello, recoñecéndose no seu rostro. En cada vídeo a persoa realiza a acción introspectiva de repasar diferentes momentos da súa vida. Deste xeito, ao tempo que se identifica nos trazos do seu rostro, reconstrúe tamén a súa identidade ao través da memoria. Estas imaxes mentais do tempo pasado traídas ao presente provocan un choque, e unha conciencia meirande do paso do tempo. O proxecto busca centrar a súa atención e evocar esas imaxes agochadas do recordo.

A imaxe do rostro distorsionado que observamos crea un paralelismo coa imaxe distorsionada que a memoria ofrece dun mesmo, salientando tamén a idea dunha pintura en movemento. A proxección sobre papel opera nesta mesma liña pictórica, ao tempo que lle dá unha meirande fraxilidade e levidade á imaxe, nunha presenza espectral.
Lois Patiño

Lois Patiño – A morte a trabajallar

Do 5 ao 8 de xuño na Fundación Caixanovagalicia

La muerte trabajando Xía






<--:-->

Be Sociable, Share!