O novo monstro

O doutor Victor Frankenstein imaxinou, nos seus soños delirantes, a posibilidade de dar vida a un novo ser humano de beleza, fortaleza e intelixencia sen igual, utilizando retallos doutros seres xa mortos e enterrados. Un labor colosal que retomaron, no cine, os artistas que compón o ciclo que hoxe presentamos: xerar novos filmes de singulares matices apropiándose, recombinando e animando un imaxinario estático e esquecido. Modernos Prometeos que, no ronsel de Frankenstein, dan vida a criaturas perturbadoras. Os gloriosos e flamantes monstros deste ciclo funden no seu ser a nostalxia e o materialismo, o humor e a evocación, recortando, pegando e reanimando o imaxinario universal nunha das formas de apropiación máis radicais e imaxinativas xamais vistas. Un ciclo comisariado por Gloria Vilches y Elena Duque.

 

Sesión 1

Modernos Prometeos

Percorrido (a modo de álbum) alucinado e emocionante a través dos máis ilustres animadores de colaxe en activo. Desde a pureza de formas do lendario Larry Jordan, ao espírito punk das películas de Martha Colburn, pasando pola afiada ollada á sociedade de consumo de Jodie Mack ou os manifestos queer de Wrik Mead, sen deixarmos de lado os mozos creadores que seguen a volver do revés o método.

Cats Amore – Martha Colburn, 2002. 16mm. 3 min.

Disparatada visión dos nosos instintos animais. Bailarinas excitadas, gatos, “I wanna be your dog” en versión francesa.

Skelehellavision – Martha Colburn. 2001. 16mm. 8 min.

A vida despois da morte, un inferno alucinado, terrorífico e luxurioso onde os corpos perfectos xa non son o obxecto de desexo.

Solar Sight – Larry Jordan. 2011. 16mm. 15 min.De onde vimos e cara a onde imos: a visión transcendental do mundo da lenda do cine de colaxe Larry Jordan.

Yard work is Hard work – Jodie Mack. 2008. 16mm. 28 min.

Colorido e divertidísimo musical sobre os perigos e vicisitudes de ingresar na rutina da vida adulta.

Haven – Wrik Mead. 1992. 16mm. 2,30 min.

O amor queer fragmentado, deconstruído e reconstruído.

Non zymase penthatlon – Chris Gehman. 1999. 16mm. 5 min.

Mercar, usar, tirar, mercar… Ciclo interminable e repetido ao longo da historia sen descanso.

Monologue Extérieur – Francien van Everdingen. 2003. 16mm. 2 min.

O exterior no interior, ou de como nos nosos salóns se preparan bosques.

Wall of Sound Flowers – Francien van Everdingen. 2004. 16mm. 4 min.

O papel pintado como alegoría dos desexos de liberdade na vida doméstica.

Allegory of Mrs. Triangle – Noriko Okaku. 2011. Vídeo. 7 min.

As múltiples e estrañas facetas da personalidade da Señora Triángulo.

The Spectres of Veronica – Dalibor Baric. 2011. Vídeo. 8 min.

A calidade fantasmal do cine, subvertida.

The storm is just a rumour – Sarah Mosk. 2011. Vídeo. 2 min.

A porta a dimensións descoñecidas, novas formas de consciencia a través da colaxe.

New Hippie Future – Dalibor Baric. 2011. Vídeo. 4 min.

O pasado é o futuro. Un futuro cheo de ácido e delirios.

Reality Is the Most Beautiful Language – Xana Kudrjavcev-DeMilner. 2007. Vídeo. 4 min.

Delicada exploración, case abstracta, das formas e as texturas. Imposíbeis paisaxes metade lunares, metade terrestres.

Cherries talk – Julia Zastava. 2009. Vídeo. 5 min.

Visións alucinadas, cereixas que falan, esqueletos, brillantes explosións. Emisións de televisión desde perturbadores planetas non descubertos.

Xoves 31 de maio a las 17.15 horas. Sala (S). Centro Cultural Ágora.

Sesión 2

Contos dun futuro esquecido: o tempo e o imaxinario made in USA no cine de Lewis Klahr

Un repaso á obra de Klahr e á súa arrebatadora procura formal, estética e narrativa. Lewis Klahr, neoiorquino de nacemento e californiano de adopción, é unha das figuras máis destacadas do cine experimental a día de hoxe. Klahr leva desde 1977 perseguindo a forma perfecta de aprehender as calidades inasíbeis da memoria a través de evocadoras colaxes animadas que recombinan con ingravidez temporal o imaxinario americano do século XX.

Deep Fishtank Birding. 1983. Super 8. 3 min.

Unha das primeiras tentativas maduras de Klahr na colaxe, unha inmersión nos abismos da memoria.

Enchantment, 1983. Super 8. 3 min.

As penas e tribulacións dos superheroes dos contos.

Pulls. 1985. Super 8. 5 min.

Outra maneira de facer colaxes: directamente no celuloide. Klahr e o found footage.

Cartoon Far. 1990. Super 8. 6 min.

Unha historia de amor de aires pop, onde dous actores se somerxen nun mundo de recortes de papel.

Downs Are Feminine. 1993. 16mm. 9 min.

Sexo e drogas, os revulsivos da vida doméstica burguesa. Con música de Mercury Rev.

Pony Glass. 1997. 16mm. 15 min.

Unha das pezas máis potentes da filmografía de Klahr, a doble moral do soño americano aflorando entre as imaxes do mundo feliz dos 50.

Green ’62. 1996. 16 mm. 6 min.

Un retrato do Bowery, Nova York, visto desde a ventá curva dun restaurante.

Serie The Aperture of Ghostings. 1999-2001. 16mm. Compuesta por: Elsa Kirk (1999. 5 min), Creased Robe Smile (2001. 4 min) y Catherine Street (2001. 3 min).

Unha serie, forma de traballo característica de Klahr, baseada en follas de contactos: sesións de fotos de mulleres descoñecidas, e as vidas inventadas destas mulleres.

Nimbus Seeds. 2009. Vídeo. 8 min.

Un triángulo amoroso, e un xogo narrativo de resonancias envolventes.

Well then there now. 2011/2012. Vídeo. 13 min.

Con música e guión de John Zorn, esta peza condensa e destila a bagaxe da obra de Klahr na súa conquista de novos camiños, texturas e asociacións, confirmándoo como unha das figuras claves do cine experimental contemporáneo.

Venres 1 de xuño. 17.00 horas. Sala (S). Centro Cultural Ágora.

 

Sesión 3

A álxebra fantasmal: Janie Geiser, as lembranzas inventadas e a vida emocional dos obxectos

Lembranzas de infancia, fragmentadas e fabuladas, envoltas nas néboas do cine negro. Unha selección do traballo de Geiser, coñecida tamén polo seu labor no campo da performance e do seu insólito traballo con marionetas.

The fourth watch. 2000. 16mm. 11 min.

Os gregos dividían a noite en catro partes. Na cuarta hora, antes do amencer, espectros do cine mudo invaden os cuartos dunha casa como almas en pena.

Terrace 49. 2004. 16mm. 6 min

Un desastre inminente flota no aire. O tempo detense.

Ghost algebra. 2009. Vídeo. 7 min.

Un dos significados orixinais da palabra álxebra é “a ciencia de restaurar o que falta, de unir os fragmentos rotos”. Unha figura solitaria loita por resolver, mediante esta ciencia, os enigmas fantasmais da memoria.

The Floor of the World. 2009. Vídeo. 10 min.

Os camiños de ida e volta entre a morte e a vida, a través do “chan do mundo”.

Kindless Villian. 2010. Vídeo. 5 min.

A guerra é un xogo de nenos, xogado calladamente neste mundo esquecido.

Ricky. 2011. Vídeo. 11 min.

Unha carta encontrada dun pai a un fillo, gravada nunha cinta, é o fío condutor deste filme de perturbador imaxinario infantil sobre a guerra, a infancia e a perda.

The Secret Story. 1996. 16mm. 8 min.

Lembranzas das vidas pasadas dos obxectos e os segredos nunca ditos que albergan, nunha peza dunha forza evocadora abraiante.

Sábado 2 de junio a las 19.00 horas en la Sala (8). Centro Cultural Ágora.

Sesión 4

Carta Branca a Lewis Klahr e Janie Geiser

Geiser e Klahr trazan un mapa das súas influencias e inspiracións que van máis alá do cine de animación para afundiren as súas raíces na tradición do cine visionario estadounidense.

Rear Window – Ernie Gehr. 1986/1991. 16mm. 10 min.

Un estudo da luz e do movemento, de matices inesperados e sutís.

Dream of a Rarebit Fiend – Edwin Porter and Wallace McCutcheon, written by Windsor McKay. 1906. Vídeo. 7 min.

Surrealismo e comedia mestúranse neste soño/pesadelo dos albores do cine.

Snake charmer – Mark Lapore. 16mm. 3 min.

Nos films de Lapore cada corte da montaxe é un acto de fe. Entre a fé no mundo fotografíado e unha excéptica reticencia.

The Snowman – Phil Solomon. 1995. 16mm. 8 min.

As lembranzas de infancia enterradas e devoltas á vida nunha peza de sobrecolledora beleza lírica.


Nymphlight – Joseph Cornell. 1957. 16mm. 8 min. Cortesía del Museum of Modern Art, New York

Unha luminosa moza, vestida de bailarina, deambula polas rúas de Nueva York como un ser doutro mundo. Unha das intervencións no cine do artista Joseph Cornell, pai do surrealismo norteamericano.

Valse Triste – Bruce Conner. 1977. 16mm. 6 min.

Unha escavación no imaxinario americano de postguerra, e nos recantos da memoria, a ritmo de melancólico valse nesta peza clásica de found footage.

I Choose Darkness – Karen Yasinsky. 2009. Vídeo. 9 min.

A vida secreta da protagonista de Au Hazard Balthazar (Robert Bresson) imaxinada nun hipnótico filme de marionetas.

Martina’s Playhouse – Peggy Ahwesh. 1989. Vídeo. 20 min.

Neste filme Martina, a nena do título, oscila entre os roles de narradora, lectora e actriz, e entre os papeis de bebé e de nai. Ahwesh dinamita a base de Súper 8 esa construción ficticia que chamamos feminidade.

Fistfight – Robert Breer. 1964. 16mm. 9 min.

Presentada xunto con Originale, de Stockhausen, en 1964, Fistfight converte as lembranzas familiares en abstracción, mesturándoas con cores e texturas.

Scotch Tape – Jack Smith. 1962. 16mm. 3 min.

Tirando proveito dos ocos da rodaxe de Star Spangled to Death, de Ken Jacobs, Smith “tomou prestada” a súa cámara para facer este inspirado e lunático baile entre as ruínas.

Domingo 3 de xuño. 19.00 horas. Sala (S). Centro Cultural Ágora.

 

The Pettifogger, de Lewis Klahr. 2011. Vídeo. 65 min.


Sesión Especial

The Pettifogger

Estrea en España da longametraxe de Lewis Klahr, que percorre un ano na vida de The Pettifogger, xogador e estafador profesional. É 1963, e o protagonista desta historia, resucitado dun cómic, viaxa por unha América impresionista e fantasmal de vellas fotografías, obxectos encontrados, de luces e texturas que arrastran ao misterio da memoria. Unha fuxida constante, unha vida criminal nunha peza entre o cine negro e a abstracción, que remite aos propios recordos do autor. Unha das obras máis brillantes de Klahr ata a data.

Venres 1 de xuño. 19.00 horas. Auditorio. Centro Cultural Ágora.